|
Procedemento para matricularse |
1.- PRIMEIRA CONVOCATORIA DE MATRÍCULA Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberase matricular no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos. Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. No caso de matricularse nela ou en calquera outra titulación sen límite de prazas, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas. 2.- SUCESIVAS CONVOCATORIAS DE MATRÍCULA Despois da primeira convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes como consecuencia de que algún dos alumnos convocados non formalice a súa matrícula. Neste caso, sobre as prazas vacantes realizarase unha reasignación automática de acordo cos mesmos criterios cos que se fixo a primeira convocatoria e convocaranse aos alumnos para formalizar a matrícula, nos sucesivos prazos sinalados no calendario de matrícula. As sucesivas convocatorias de matrícula anunciaranse nos LERD, na CiUG e na páxina web da CiUG. Nestas convocatorias sucesivas o alumnado pódese atopar nos seguintes supostos: * Se o alumno/a é convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos.
* Se o alumno/a é convocado/a para matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matrícula ou non. O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matrícula desa titulación. |