O Calendario de presentación das solicitudes de admisión (preinscrición) da convocatoria de xuño para cursar titulacións con límite de prazas do SUG no curso 2010-2011 é o recollido a continuación:
Do 7 de xuño ao 2 de xullo: Preinscrición Anticipada
- Alumnado do SUG e de fóra do SUG que superase en anos anteriores a Proba de Acceso á Univerdidade e non se presente no ano actual á Fase Específica da nova proba de acceso á universidade.
- Titulados de Formación Profesional do SUG e de fóra do SUG de anos anteriores ou do ano en curso.
- Titulados Universitarios do SUG e de fóra do SUG de anos anteriores.
- Estranxeiros de países non membros da Unión Europea que superasen en anos anteriores a proba de acceso á universidade e Estranxeiros de países non membros da Unión Europea que se presenten na UNED, na convocatoria ordinaria do ano en curso, á nova proba de acceso á universidade (Fase Xeral e Fase Específica).
- Alumnado de países membros da Unión Europea que accedan ao SUG mediante a Credencial da UNED e reúnan os requisitos para acceder á universidade no seu país de orixe.
- Alumnado do SUG coa proba de acceso á universidade de Maiores de 25 anos superada en anos anteriores.
- Alumnado do SUG e de fóra do SUG que supere no ano en curso a nova proba de acceso á universidade de Maiores de 25 anos.
- Alumnado do SUG que supere no ano en curso a nova proba de acceso á universidade de Maiores de 45 anos.
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación informática Nerta empregando o alumnado o código de acceso. Nestes casos precisarase que o alumnado remita a documentación ao LERD escollido dentro do prazo de solicitude.
Do 28 ao 30 de xuño: Preinscrición Ordinaria
- Alumnado do SUG que supere a PAU na convocatoria de xuño do ano 2010, presente ou non solicitude de revisión das cualificacións.
- Alumnado que tendo superada a proba de acceso á universidade segundo normativas anteriores, se presente á Fase Específica da nova proba de acceso, na convocatoria de xuño do ano 2010, presente ou non reclamación ás cualificacións e mellore ou non a cualificación acadada anteriormente.
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación informática Nerta empregando o alumnado o código de acceso, non sendo preciso neste caso, a entrega da solicitude nos LERD.
Do 1 ao 30 de xullo: Preinscrición Especial
- Estudantes que acaden o título universitario na convocatoria ordinaria de xuño de 2010 (terán que ter feito o depósito do título).
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación informática Nerta empregando o alumnado o código de acceso. Neste caso precisarase que o alumnado remita a documentación ao LERD escollido dentro do prazo de solicitude.
Día 5 de xullo: Preinscrición Extraordinaria
- Alumnado do SUG que supere a PAU na convocatoria de xuño do ano 2010, despois da primeira revisión das cualificacións.
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación informática Nerta empregando o alumnado o código de acceso, non sendo preciso neste caso, a entrega da solicitude nos LERD.
Día 9 de xullo: Preinscrición Extraordinaria
- Alumnado do SUG que supere a PAU na convocatoria de xuño do ano 2010, despois da segunda revisión das cualificacións.
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación informática Nerta empregando o alumnado o código de acceso, non sendo preciso neste caso, a entrega da solicitude nos LERD.