|
Proba de acceso á universidade |
Estrutura da proba * Horario da proba * Sistema de cualificación * Parámetros de ponderación
ESTRUTURA DA PROBA A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao estruturase en dúas fases denominadas respectivamente fase xeral e fase específica. A fase xeral da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe alcanzar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á comprensión de mensaxes, o uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos ou técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Constará de cinco exercicios: . Lingua castelá e literatura Cada un dos exercicios desta fase terá unha duración máxima dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso, a elección entre Historia de España e Historia da Filosofía, a lingua estranxeira escollida entre inglés, frnacés, alemán, italiano ou portugués e a materia de modalidade da que se examinará na fase xeral. A fase específica da proba, de carácter voluntario, ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na fase xeral. Na Fase Específica cada estudante poderá examinarse dun máximo de tres materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a Fase Xeral. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha. A duración de cada un dos exercicios será dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso, as materias de modalidade das que se examinará na fase específica e que, en todo caso, non poderán coincidir coa materia de modalidade escollida para a fase xeral. |
HORARIO DA PROBA 1º Dia (Nas convocatorias de 2010: o 16 de xuño e o 15 de setembro) MAÑÁ 9:00 Presentación TARDE 16:00 Lingua Galega e Literatura 2º Dia (Nas convocatorias de 2010: o 17 de xuño e o 16 de setembro) MAÑÁ 9:00 Matemáticas II/GregoII/Técnicas Exp.Gráfico-Plástica TARDE 16:30 Bioloxía / Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais/ Mecánica 3º Dia (Nas convocatorias de 2010: o 18 de xuño e o 17 de setembro) MAÑÁ 9:00 Física/ Xeografía/ Análise Musical II/ |
SISTEMA DE CUALIFICACIÓN Cada un dos exercicios da fase xeral será cualificado de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior. Cada unha das materias das que se examine o estudante na fase específica será cualificada de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos. O acceso á universidade española, tanto pública como privada, para cursar estudos universitarios oficiais de Grao requerirá, con carácter xeral, a superación da proba de acceso. Considerarase superada a proba de acceso á universidade cando o estudante obtivese unha nota igual ou superior a cinco puntos como resultado da media ponderada do 60 por cen da nota media do bacharelato e o 40 por cen da cualificación da fase xeral, e sempre que obtivese un mínimo de catro puntos na cualificación da fase xeral. A nota media do bacharelato expresarase con dúas cifras decimais, arredondada á centésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior. Para o cálculo da nota media non se computará, a efectos de acceso á universidade, a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión, de conformidade co disposto na disposición adicional 1ª do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao nas que se produza un No caso de empate na nota de admisión, para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes que na Fase Xeral elixiran unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento da ensinanza á que se solicite acceder. Nota de admisión Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2 NMB = Nota media do Bacharelato. A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas da fase específica, sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido, de acordo co disposto no anexo I da Orde EDU/1434/2009, do 29 de maio, pola que se actualizan os anexos do Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro e tendo en conta en todo caso o acordo acadado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades de Galicia para o acceso ao curso académico 2010-2011. Os parámetros de ponderación (“a” ou “b”) das materias da fase específica serán os aprobados
polas universidades de Galicia para o acceso ao curso académico 2010-2011 e recollidos no anexo
I da Orde do 16 de decembro de 2009 pola que se regula, para o ano académico 2009-2010, a
proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia
para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente (DOG do 12 de
xaneiro de 2010) VALORES DE PONDERACIÓN PARA OS NOVOS GRAOS |
Para unha información máis detallada, consultar as Referencias legais