|
Química |
Criterios Xerais de Avaliación |
INSTRUCIÓNS PARA AO DESENVOLVEMENTO DA PROBA Para o desenvolvemento do exame de Química permitirase o uso de calculadora científica (non programable, sen pantalla gráfica e sen capacidade para almacenar, transmitir ou recibir datos). Ademais xunto do exame proporcionarase táboa periódica, onde aparecen os símbolos, número atómico e masa atómica dos elementos. Para a formulación e nomenclatura dos compostos seguiranse os mesmos criterios de anos anteriores, é dicir, non hai modificación ningunha. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO EXAME DE QUÍMICA - As respostas deben axustarse ao enunciado da pregunta. - Terase en conta a claridade da exposición dos conceptos, procesos, os pasos seguidos, as hipóteses, a orde lóxica e a utilización adecuada da linguaxe química. - Os erros graves de concepto levarán a anular o apartado correspondente. - Os parágrafos/apartados que esixen a solución dun apartado anterior cualificaranse independentemente do resultado do devandito apartado. - Cando a resposta deba ser razoada ou xustificada, non facelo supoñerá unha puntuación de cero no apartado correspondente. Un resultado erróneo pero cun razoamento correcto valorarase. - Unha formulación incorrecta ou a igualación incorrecta dunha ecuación química puntuará como máximo o 25% da nota do apartado. - Nun problema numérico a resposta correcta, sen razoamento ou xustificación, pode ser valorada cun 0 se o corrector/a non é capaz de ver de onde saíu o devandito resultado. - Os erros nas unidades ou non poñelas descontará un 25% da nota do apartado. - Un erro no cálculo considerarase leve e descontarase o 25% da nota do apartado, agás que os resultados carezan de lóxica e o alumnado non faga unha discusión acerca da falsidade do devandito resultado. |