|
Estrutura da proba |
|
A proba de acceso ás ensinanzas universitaria oficiais de Grao adecuarase ao currículo de bacharelato e versará sobre as materias ás que fan referencia os artigos 6 e 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), tendo en conta o disposto na Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño). As administracións educativas e as universidades públicas organizarán a proba de acceso á universidade e garantirán a adecuación da mesma ao currículo de bacharelato así como a coordinación entre a universidade e os centros que dispensan bacharelato para a súa organización e realización. 2. Estrutura da proba A proba de acceso ás ensinanzas universitaria oficiais de Grao (PAU) estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente Fase Xeral e Fase Específica.
3. Descrición da Fase Xeral A Fase Xeral da PAU constará dos exercicios seguintes: 1º) Lingua Castelá e Literatura:
2º) Lingua Galega e Literatura: Consistirá no comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de Lingua Galega e Literatura. 3º) Historia de España ou Historia de Filosofía:
4º) Lingua Estranxeira [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués]:
5º) Materia de modalidade de segundo de bacharelato:
Cada un dos cinco exercicios da Fase Xeral da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Para a realización dos exercicios, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e da Lingua Estranxeira da que se trate deberán desenvolverse nas súas respectivas linguas. 4. Descrición da Fase Específica Na Fase Específica da PAU cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato a que fai referencia o artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), e que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a o 5º exercicio da Fase Xeral, sempre que o estudante se examine da Fase Xeral e da Fase Específica na mesma convocatoria. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Cada un dos exercicios da Fase Específica da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Para a realización dos exercicios Fase Específica da PAU, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
|