|
Proba de acceso á universidade |
ESTRUTURA DA PROBA |
A proba de acceso ás ensinanzas universitaria oficiais de Grao se adecuará ao currículo de bacharelato e versará sobre as materias ás que fan referencia os artigos 6 e 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), tendo en conta o disposto na Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño). As administracións educativas e as universidades públicas organizarán a proba de acceso á universidade e garantirán a adecuación da mesma ao currículo de bacharelato así como a coordinación entre a universidade e os centros que dispensan bacharelato para a súa organización e realización. 2. Estrutura da proba A proba de acceso ás ensinanzas universitaria oficiais de Grao (PAU) estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente Fase Xeral e Fase Específica.
3. Descrición da Fase Xeral A Fase Xeral da PAU constará dos exercicios seguintes: 2º) Lingua Galega e Literatura 3º) Historia de España ou Historia de Filosofía 4º) Lingua Estranxeira [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués]: 5º) Materia de Modalidade de segundo de bacharelato: Cada un dos cinco exercicios da Fase Xeral da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Para a realización dos exercicios, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das lingua oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios de Lingua e Literatura Castelá, Lingua e Literatura Galega e da lingua estranxeira da que se trate deberán desenvolverse nas súas respectivas linguas. 4. Descrición da Fase Específica
Na Fase Específica da PAU cada estudante se poderá examinar dun máximo de 4 materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato a que fai referencia o artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), e que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a o 5º exercicio da Fase Xeral, sempre que o estudante se examine da Fase Xeral e da Fase Específica na mesma convocatoria. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Cada un dos da Fase Específica da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Para a realización dos exercicios Fase Específica da PAU, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das lingua oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
Para unha información máis detallada, consultar as Referencias legais