SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
1. Cualificación da Fase Xeral
Cada un dos exercicios da Fase Xeral se cualificará entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.
A cualificación da Fase Xeral será a media aritmética de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
A cualificación da fase xeral terá validez indefinida, sempre que se teña superada a PAU.
2. Cualificación das materias da Fase Específica
Cada unha das materias da Fase Específica das que se examine o estudante será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.
Se considerará superada cada unha das materias da Fase específica das que se examine o estudante cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.
Non se ponderará a cualificación obtida nunha materia cando non se acade nesta unha puntuación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.
Aos efectos do acceso á universidade, cualificación das materias da fase específica terá validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así, por exemplo, para alguén que superase a fase específica da PAU nalgunha das convocatoria do ano 2011, a validez da mesma será para o acceso no curso 2011-2012 e 2012-2013.
3. Superación da PAU
O acceso á universidade española, tanto pública como privada, para cursar as ensinanzas conducentes á obtención dos distintos títulos das ensinanzas universitarias oficiais de Grao, con validez en todo o territorio nacional, requirirá, con carácter xeral, a superación da proba, sen prexuízo dos outros supostos previstos no artigo 3 do RD 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas.
Considerarase superada a Proba de Acceso á Universidade cando o estudante obtivese unha nota igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos como resultado da media ponderada do 60 por 100 da nota media do Bacharelato ou do ciclo correspondente de Formación Profesional e o 40 por 100 da cualificación da Fase Xeral, sempre que se obtivese un mínimo de 4 puntos na cualificación da Fase Xeral.
A nota media do bacharelato será a media aritmética das cualificacións de todas as materias, (agás a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión), expresada con dúas cifras decimais e redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
4. Nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao
Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao nas que se produza un procedemento de concorrencia competitiva, é dicir, nas que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades públicas empregarán para a adxudicación das prazas a nota de admisión que corresponda, que se expresará con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.
A nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao calcularase do seguinte xeito:
1.- Para estudantes de Bacharelato que superen a PAU regulada polo RD 1892/2008, do 14 de novembro:
Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4 * CFX + a * M1 + b * M2 |
NMB = |
Nota media do Bacharelato
|
CFX = |
Cualificación da Fase Xeral da PAU
|
M1, M2 = |
Cualificacións dun máximo de 2 das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno que proporcionen mellor nota de acceso. |
a, b = |
Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica
|
A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Fase Específica no caso de que ditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira seren admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos cursos académico 2011-2012, que fixo públicos a CiUG e están recollidos no Anexo I da ORDE do 25 de marzo de 2011, pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012 (DOG do 10 de maio).
2.- Para estudantes de Formación Profesional:
Aqueles que estean en posesión dos títulos de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño, ou técnico deportivo superior a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación , ou títulos equivalentes, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, sen necesidade de proba.
Tal e como se establece no Real Decreto 558/2010, de 7 de maio, a partir da admisión para o curso 2011-2012 os estudantes que esteann en posesión dos títulos de Técnico Superior, Técnico Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño que desexen solicitar a admisión a ensinanzas universitarias nas que se produza un procedemento de concorrencia competitiva (é dicir, que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas), poderán presentarse á fase específica para mellorar a nota de admisión. Neste caso, as universidades públicas utilizarán para a adxudicación de prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte formula:
Nota de admisión = NMC + a * M1 + b * M2
|
NMC = |
Nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior
|
M1, M2 = |
Cualificacións dun máximo de 2 das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno que proporcionen mellor nota de acceso. |
a, b = |
Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica
|
De conformidade co artigo 54.2 do Real Decreto 1892/2008, a adxudicación de prazas farase en función da nota de admisión ás ensinanzas universitarias obtidas polo estudante conforme ó disposto no artigo 26. En todo caso, cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes cuxos títulos estean adscritos ás ramas de coñecemento nas que se atopen as ensinanzas de grao que desexen cursar.
3.- Para estudantes que teñan superada a PAU segundo normativas anteriores á establecida pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio:
A nota de admisión será a cualificación definitiva para o acceso á universidade que obtivesen no seu momento. Non obstante o anterior, poderán presentarse á fase específica da PAU establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, e a nota de admisión calcularase do seguinte xeito:
Nota de admisión = CDA + a * M1 + b * M2 |
CDA = |
Cualificación definitiva de acceso acada con anterioridade.
|
M1, M2 = |
Cualificacións dun máximo de 2 das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno que proporcionen mellor nota de acceso. |
a, b = |
Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica. |
A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Fase Específica no caso de que ditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira seren admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos cursos académico 2011-2012, que fixo públicos a CiUG e están recollidos no Anexo I da ORDE do 25 de marzo de 2011, pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012 (DOG do 10 de maio).
4.- Outros colectivos: para outros colectivos aplicarase o establecido na lexislación vixente
RECLAMACIÓN E /OU DOBRE CORRECCIÓN
Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:
Reclamación
Dobre corrección
As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU, empregando os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso, a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.
1. Reclamación:
Unha vez publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar unha solicitude de reclamación ante a Comisión Organizadora das PAU sobre a cualificación outorgada a cada unha das materias das que se fixese exame, naqueles exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións teñan sido avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada.
A cualificación definitiva da materia ou materias obxecto da reclamación será a que resulte do antedito proceso de revisión, sempre que a mesma sexa superior a outorgada na primeira corrección, agás nos casos de erros materiais de cálculo da cualificación, no que a cualificación será a que resulte correcta.
A presentación de reclamación excluirá a posibilidade de solicitar a dobre corrección.
|
Convocatoria PAU 2011 |
RECLAMACIÓNS |
XUÑO |
SETEMBRO |
Prazo de solicitude |
20 |
21 |
22 |
xuño |
26 |
27 |
28 |
setembro |
Resolución |
24 |
30 |
2. Dobre corrección:
Publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar, ante o presidente do Tribunal, solicitude dunha segunda corrección [dobre corrección] dos exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección.
A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de 2 ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións.
Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente.
Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección, o estudante poderá presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección.
|
Convocatoria PAU 2011 |
RECLAMACIÓNS |
XUÑO |
SETEMBRO |
Prazo de solicitude |
20 |
21 |
22 |
xuño |
26 |
27 |
28 |
setembro |
Resolución |
24 |
30 |
Solicitude de reclamación |
27 |
28 |
29 |
3 |
4 |
5 |
outubro |
Cualificacións definitivas |
30 |
6 |
|
|
3. Outros recursos:
Contra a resolucións adoptadas pola Comisión Organizadora, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición perante a propia Comisión. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

|